Nelson Leite

Solpor es un continente con espesos bosques, montañas de las que descienden caudalosos ríos, desiertos intransitables y puertos remotos que esconden naciones prohibidas; 

Solpor es el hogar de reinos y pueblos de costumbres diversas y habilidades extrañas de origen incierto; 

Solpor es un sitio de historias antiguas, religiones intolerantes y ambiciones imperiales... 

Sobre todo, Solpor es un relato épico en el que caben romances improbables, batallas legendarias, traiciones en nombre de causas sublimes, amistades imperecederas e imágenes que se graban en el corazón y hacen desear que esta novela no termine, o que nos lleve incesantemente a nuevas aventuras al lado de estos personajes entrañables.

Non sabía con certeza cando ía suceder, pero sabía que pasaría.

O misterio dos fillos de Lúa foi o comezo, a primeira historia na que recordo perderme; despois viñeron moitas máis, pero diría que foi con Entrevista con el vampiro, xa na miña adolescencia, cando me namorei da lectura. 

Si, sen dúbida foi Anne Rice. Devoraba as súas Crónicas Vampíricas, unha tras outra, como esa nena incapaz de resistirse a unha lambetada ao seu alcance. Foi naquela época cando mollei en tinta as miñas primeiras fantasías, pero estas nunca coñecían un final, ao menos no papel. Precisaba crecer.

Seguín lendo, pero renunciei a comezar algo que sabía non acabaría. Ata que, no mesmo ano en que finalicei os meus estudos, xa contaba 27 setembros, un curso de literatura fixo que volvese escribir, máis en concreto unha actividade. 

Un xogo no que dúas palabras, surxidas do azar, tiñan que moldear un relato curto. Banco e can foron as notas que haberían de harmonizar unha historia breve. 

Un conto que vos deixo a continuación:

Hoxe, por vez primeira, fun ao banco. Intentárao antes, sen éxito. O feito de ser un can, ás veces, complica un pouco as cousas. Os humanos tampouco nolo poñen doado que se diga, en xeral, non lles caemos moi ben. A min gústanme, sobre todo Xacobe. Xacobe si que me gusta.

Coñecémonos hai dous anos. Eu camiñaba sen rumbo fixo, como de costume, cando el apareceu. Viume, deume unha lambetada, e ata hoxe somos inseparables. O que máis nos gusta é pasear polo xardín. Todos os días, sen excepción, damos o noso agardado paseo. Todos os días, menos hoxe. Así que decidín saír na súa procura.

Busqueino no parque, non estaba, pero identifiquei o seu inconfundible olor. Seguino. Crucei unhas cantas rúas  e, finalmente, vin o impoñente edificio. Entrei.

Era un lugar ben curioso e, dende logo, moi diferente do que escoitara. A xente falaba aos berros e catro homes, igual vestidos, intentaban poñer algo de orde, ao menos iso me pareceu. Camiñei devagar. Esquivei pernas e máis pernas e, ao fin, atopei a Xacobe. Deitado. Inmóbil. Semellaba durmir.

Logo viñeron moitos máis relatos, algunha novela curta, que probablemente acabe por publicar, e Solpor. Solpor foi o gran desafío. Unha historia de aventuras nun mundo que fun construíndo aos poucos, como un puzzle no que, sen saber como, escolles case sempre a peza que encaixa. 

Nesta historia de amor, amor en todas as súas acepcións , perdinme case unha década. Gocei con cada palabra que escribín, con cada coma. 

Mergulleime nunha aventura xigante, como nunca antes tiña feito.


Creo que chegou o momento de que alguén máis coñeza a Ari, a Damien, a Lethi, Aron, Nora, Gabriel... A partir de agora, esta historia xa non me pertence.